Xosé Márquez Fraiz: 'Non descarto un pacto, aínda que as discrepancias soluciónanse falando'

Entevista a XOSÉ MÁRQUEZ FRAIZ, Primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Obras de Arteixo. "Manteño boa relación cos meus socios, pero pode que lles aleccionen para facer cousas que non me gusten, ou que haxa quen non aprobe a miña forma de traballar" .

ARTEIXO. -¿Que balance fai do primeiro ano de lexislatura?¬-Positivo. As persoas que nos dedicamos a traballar facémolo sempre para ver as cousas en positivo, con todos os erros que podamos cometer.
-¿E que tal marcha a súa relación cos seus socios de Goberno?¬
-Temos unha boa relación. Cada un dedícase á súa parcela, pero consensuámolo todo.
-Nos seus case catorce anos como concelleiro, é a primeira vez que forma parte dun Goberno en minoría. Dificulta moito a xestión?
-É verdade que encadeei varias maiorías, aínda que os primeiros anos estabamos como independentes e non formamos parte do Goberno. De todos modos o traballo é o mesmo, pode que algo máis (risas). Non cabe dúbida de que é máis complicado, aínda que eu trato de actuar como sempre: valorando as propostas de todos os grupos . O problema preséntase cando impoñen condicións imposibles de cumprir para obstaculizar o noso labor. Iso dóeme, porque no fondo, os máis prexudicados son os veciños.
-¿Como marcha a súa relación cos seus antigos compañeiros de Goberno?
-Eu intento manter unha boa relación. No fondo non son máis que un veciño de Arteixo e téñome que levar ben con todos.
-Ultimamente semella que achegaron posturas e na rúa hai quen falan dun pacto...
-A xente é moi dada a falar, pero eu, cando tomei a decisión de apartarme non fíxeno para volver ao día seguinte. Está claro que eses xogos só prexudican aos veciños, aínda que nunca se sabe...Eu agora mesmo non teño ningún problema, pero pode que desde arriba aleccionen ao PSOE para facer certas cousas que non me gusten...Ou pode que no meu grupo faia xente que non estea de acordo coa miña forma de traballar e se queira largar. Quen se queira ir é libre de facelo.
-¿Pensa que pode pasar?
¬-En política eu sempre penso (risas). Esas cousas poden pasar en calquera momento. De feito, Arteixo é un municipio moi dado a esas manobras, non sería a primeira vez..., nin a última. Eu non descarto un pacto, aínda que creo que as discrepancias se solucionen falando.
-¿Cales son os principais problemas nos servizos?¬
-Sen dúbida, a auga e o saneamento nas zonas rurais. Hai varias localidades que, por desgraza, aínda non teno, aínda que desde o noso departamento incluímos obras para paliar as deficiencias en todos os programas.
-Vostede foi moi crítico coa xestión da empresa concesionaria. Suscitouse a posibilidade de rescindir o seu contrato?¬
-É pronto para barallar esa posibilidade. O Concello contratou unha auditoría para ver por que motivos a rendibilidade da empresa é cero a pesar das poucas obras que se fixeron. Eu creo que non se actuou correctamente. Tamén é verdade que a auga en Arteixo foi sempre deficitaria...
-¿Cal é , na súa opinión, a solución aos problemas de subministración?¬
-Estou convencido de que a solución pasa por dragar o pantano de Sabón. ¬
-¿As carencias nos servizos foron un dos seus argumentos para rexeitar o plan de Vivenda. Cre que é posible chegar a un acordo?¬
-Tal e como está proxectado, creo que é imposible. Se se reunisen connosco sería distinto. Pero non se pasaron por Arteixo para nada e presentáronnos un plan que non se adapta á realidade do municipio. Queremos vivendas protexidas, pero non permitiremos que se expropie aos veciños de Arteixo para proporcionar pisos ao resto dos concellos.

Fonte: La Opinión, 30 de novembro