Creada a agrupación local de TEGA en Vilagarcía. O avogado Guillermo Rocha é desde este venres o Coordinador Local de Terra Galega na capital do Salnés. Xunto a Rocha traballarán no municipio Isabel Barros Montero, como vicecoordinadora primeira, e Ángeles Figueiras, que ocupa o posto de vicecoordinadora segunda. O equipo de traballo deste partido complétase con Mar Figueiras Lorenzo na coordinación de Servizos Sociais, e Fernando Figueira, á fronte de Xuventude.Guillermo Rocha avanzou que a presentación oficial de Terra Galega en Vilagarcía terá lugar nun acto a celebrar a principios do mes de decembro e ao que esperan que acuda o coordinador xeral do partido, Xoán Gato.
Polo momento ultiman a ubicación da súa sede e a todos os interesados ofrecen como número de contacto o 656 238309. Despois da constitución do comité local poñeranse a traballar de cara ás eleccións autonómicas, pero tamén pensan nas municipais, según indicou Rocha ao xornal arousán "Diario de Arousa".
Guillermo Rocha indica que “queremos entrar no Concello”. Hai que indicar que Vilagarcía é a primeira das tres cidades da provincia de Pontevedra con comité local de Terra Galega.
Tras a incorporación dos tres concelleiros independentes de Monfero en xuño e a creación da agrupación local de TEGA na Coruña, esta é a terceira incorporación nas filas tegás nos últimos meses o que confirma de novo o sólido crecemento da nosa formación.
Dende Terra Galega queremos darlle a nosa máis efectuosa benvida a estes novos compañeiros
