"Narón é unha illa de desenvolvemento dentro de Galicia"

Entrevista ao Coordinador Xeral e alcalde de Narón, Xoán Gato en El Metropolitano. Con puntualidade inglesa comenzamos a entrevista na alcaldía. Un despacho, o de Xoán Gato, amplio e onde a historia de Narón impregna as súas paredes cunha clara referencia ao muiño de Xuvia, un elemento da industria que Narón tiña antaño e que foi o xermen, sen dúbida, do que é hoxe este concello. Un concello que da man de Gato converteuse, como él dí, nunha “illa de desenvolvemento dentro de toda Galicia”.

A industria forma parte da historia de Narón. Foi, nas súas orixes, unha industria de materias primas e foi crecendo para atender a sectores como a metalurxia, cerámicas coa fabricación de ladrillo e tella do país, transformación da madeira cun gran peso ata a chegada dos asteleiros do estado.

A industria metalurxia deu lugar a varias ramas, aquí está Megasa que é a primeira empresa española en elaboración de aceiro.

Co declive dos asteleiros de Ferrol, Narón toma o relevo sendo o primeiro concello da zona en crear chan industrial alternativo que permitiu a creación dun multidisciplinar entramado industrial.

- Millóns de metros cadrados de chan industrial que fixeron de Narón un gran xenerador de postos de traballo.
- Froito da aposta que se fixo por crear chan industrial alternativo, nace o polígono industrial Río do Pozo con máis de dous millóns de metros cadrados de solo industrial no polígono de As Lagoas e gran parte do polígono da Gándara. Máis de 750 empresas que empregan a máis de 12.000 traballadores.

Temos unha industria moi diversificada e punteira a nivel internaciona, en diversos sectores. Narón é o único sitio da zona norte que xenera emprego. Narón é unha illa de desenvolvemento en Galicia.

-Un polígono, Río do Pozo, que tivo problemas para desenvolver o sector IV.
O problema que nos atopamos neste sector foi a carencia de enerxía eléctrica e a falta de servicios tamén de Telefónica. Esiximos a mediación da Consellería de Industria para solucionar este tema. A día de hoxe estamos en camino de solución pero aínda hai empresas que teñen que facer a súa obra con xeneradores porque non teñen enerxía.

Aínda que non teña a culpa, a Consellería de Industria debería ser máis dura con estas empresas e obrigalas a prestar os servizos.

-Unha illa industrial á que, supoño, tamén estará afectando a crise económica.
Afectanos como ao resto do estado. Os empresarios están tendo dificultades, de feito no sector IV de Río do Pozo, hai seis proxectos paralizados porque non atopan facilidades financieiras.

Afecta tamén á construcción, dende xullo non se presentou case ningún proxecto e hai moitas promotoras con dificultades, e isto repercute negativamente no emprego. A crise podía ser menos grave se a Xunta, xa sabemos que non é a responsable da crise, tomase medidas de menos gasto supérfluo e máis creación de emprego e riqueza. Hai un derroche de gasto público en Galicia que é temeroso.


-Entón, hai outra forma de facer as cousas.
A nós- ao concello de Narón- nos vai moi ben. Temos unha das mellores economías de Galicia corroborada polo Tribunal de Contas, o noso sistema de xestión é un modelo a seguir. As nosas débedas só representan o 6% dos recursos. Temos unha economía bollante, con 32 millóns de euros de presuposto en 2008. Cunha estructura de gasto do 30% para personal , 30% de gastos correntes e un 30% de inversión que se traduce en preto de 9 millóns de euros.
Isto é posible, porque desenvolvimos políticas propias entendendo que o concello é unha empresa de carácter social que ten que buscar mellorar a calidade dos cidadáns.

-Un concello forte e creador de emprego que sen embargo parece non contar con moito apoio dende a Xunta. Un bipartito co que vostede é bastante crítico.
Este gobernó da Xunta é un gobernó dictatorial. Nunca houbo tanta prepotencia, tanto desprecio cara ós pobos como agora.

Temos un gobernó bipartito, que, en teoría, é progresista pero é un goberno que busca con ansiedade o clientelismo político e que desenvolve con total oscurantismo os seus grandes proxectos facéndoos de espaldas aos concellos. Non existe ninguna lei que controle quen pode optar a temas como residencias da terceira idea, pavillóns, centros de saúde… Estanse dando subvencións que nin sequera saen publicadas.

A Xunta está facendo un Centro de Artes Escénicas a Ferrol e ao concello de Narón non se lle concede ningunha subvención para un centro similar. Ofertamos terreos gratuitos para facer centros da terceira idade e non se nos concede, polo que Narón ten que executalo pola súa conta. Ofertamos terreos para unha residencia para personas maiores discapacitadas e se nos dá a calada por resposta, e se lle ofrece ao concello limítrofe, 8 millóns de euros paa que non se constrúa nada na Praza de España.

Isto é a política caciquil. E encima, o matrimonio non está ben avenido, e sufrimos todavía máis as desgrazas.

-Críticas tamén nas últimas semanas polo Plan Sectorial do Ponto.
Narón ten aprobado por unanimidade, dende o 2002 o PXOM. O plan foi aprobado por unanimidade, o pobo dixo onde quería vivir, por onde quere medrar e en que condicións quere medrar.

Hai quince días, entra no Rexistro unha proposta da Xunta para facer en 2017, e isto creo que é un fume de verán, onde o 99% do terreo está en solo rústico polo que, sen facer caso ao PXOM do concello, vai quedar un pobo de 4.000 veciños nunha zona onde Narón non tiña previsto actuar. Unha zona que ademais está avectada polos 500 metros da costa e o que é aínda máis grave, o proxectan en znas de protección de ríos e de protección de comunicacións, onde está prohibido facer ningún tipo de actuación.

O concello non foi consultado en nada para este proxecto. Esto é o que se chama prepotencia e desprecio, ademais de crear unha gran alarma social inxustificada. Contra esto o concello acabará, seguramente, nos xulgados.

-Que queda por facer nesta lexislatura?
Este concello se distingue por ser unha empresa que ten a mesma dirección dende hai anos e polo tanto ten obxectivos plurianuales. Nesta lexislatura hai que rematar as infraestructuras de Río do Pozo, o Pazo da Cultura, o centro de día da terceira idade e aumentar as dotacións deportivas. E como obxectivos grandes, conquerir mellores servicios humanos cunha nova residencia de asistencia á terceira idade, un gran centro de saúde de primeira categoría para 60.000 habitantes para o que firmarei, en breve, un convenio co Sergas e mellorar o mapa educacional do concello. E tamén o desenvolvemento dunha gran zona verde duns 35.000 metros cadrados na área do Freixeiro, que xa está en marcha.

-Que balance fai do pacto de goberno que teñen co PP?
Aquí uníronse uns veteranos cuns noveles e dúas ideoloxías diferentes. Pero os dous imos cedendo. O esforzo que fixemos nós faltándonos un concelleiro non era necesario, se podía ter gobernado doutra forma. Pero non queríamos parar a velocidade que levábamos aínda que tivéramos que ceder en cousas. En liñas xerais, estou contento co pacto. No que son as cousas materiais, hai pouca discusión e no que son temas políticos, cada un ten libertade de voto, polo que non hai confrontación.

-Empezábamos falando do Narón industrial, un Narón que xa despuntaba industrialmente no século XVII cun muiño que acaban de declarar patrimonio municipal, o de Xuvia.
O muíño de Xuvia representa un dos elementos arquitectónicos máis emblemáticos de Narón. O concello pretende recuperalo a través dun programa europeo, a través do convenio que asinamos coa asociación Buxa. Son 12 millóns de euros para recuperar o muiño de Xuvia, o muiño mareomatriz das Aceas, para o que xa temos un convenio con Costas de Galicia e o de vento de San Mateo, desenvolvendo así unha ruta turístico-educativa. Barallamos, tamén, a posibilidade de poner en marcha un bergantín pequeño que percorra a ría similar aos barcos que traían o trigo a estos muiños.

Como vedes, a tradición da industria en Narón é algo histórico.

TEGA concurre ás autonómicas coa idea de levar o modelo de Narón a outros lugares. Segundo o alcalde de Narón, Xoán Gato, Terra Galega naceu hai tres anos para completar o menú político e normalizar o panorama político galego. TG é, segundo Gato, “o partido do sentido común”.

Nas municipais convértense na cuarta forza política de Galicia cun total de 5 alcaldes, presenza en 66 concellos e 34.000 votos. Foi precisamente esa chegada ao poder o que lle pasou factura recentemente a Terra Galega. Unha crise interna da que a formación saiú reforzada para emprender unah nova andanza a nivel autonómico que a levarán ás eleccións de marzo.


Que pasou en TEGA?
Entre que xa atisba un pouquiño de poder e que entra xente no partido que buscan a medra personal, provocouse unha crise interna en TG. Ante esto, o 99% dos concelleiros e alcaldes, esiximos un segundo congreso para elexir unha nova dirección para dar entrada a xente nova que xa están nas agrupacións locais. Aí está o futuro. Pero, nese momento , houbo un intento de facer pactos pola espalda. Un sector do partido, encabezado polo seu presidente –Pablo Padín -, secuestran o partido. Tuvimos que xudicializar o tema e o xulgado nos deu a razón.

Este tema lastimou profundamente o nome de Terra Galega e agora, intentamos recuperar ese tempo perdido e estamos empezando a organizar charlas polas agrupacións de Galicia.

-Terra Galega vai estar presente nas autonómicas?
Si, estamos preparando as autonómicas, con poucos medios porque aquí ninguén aposta por anda se non ve que vai sacar rendemento.

Temos ilusión por estar nas autonómicas e estamos convencidos que onde chegamos imos a atraer a moita xente. A maior preocupación da xente da rúa é poder ter traballo, unha vivenda digna, unha educación e sanidade axeitada… e o camino que leva Galicia neste aspecto é sangrante. Hai outra forma de facelo. Si nesta isla pequeña de Galicia –Narón – soupemos facelo é posible tamén no resto de Galicia. Con esta ilusión imos ás autonómicas, non temos nada que perder e, como nas olimpiadas, o importante é participar.