TEGA-Trasancos

A reforma do PXOM naronés habilitará novas zonas verdes neste municipio
Segundo explicou o concelleiro de Urbanismo de Narón, o teguista Xosé Manuel Blanco, os obxectivos da reforma do planeamento urbanístico son, entre outros, conectar a fachada litoral coa área urbana e habilitar chan edificable na zona rural
TEGA-Trasancos empraza a Zapatero a que percorra en ferrocarril a liña Ferrol-A Coruña e a que dea contas do grao de execución desta liña do AVE
Dende Terra Galega de Trasancos consideramos unha broma de moi mal gusto a visita de Zapatero ás obras de construción do AVE galego xa que durante catro anos el e a súa ministra Magdalena Álvarez se esqueceron por completo desta obra vital para a vertebración interna e a comunicación co exterior do noso país. E agora, a falta de poucas semanas para as eleccións autonómicas non teñen nin a máis mínima vergoña en pasearse e vendernos como trato preferencial o que realmente é un trato discriminatorio

Preto de mil fogares e empresas de Neda poderán usar desde este verán a rede de comunicacións de R
O alcalde de Neda, o teguista Ignacio Cabezón, e o conselleiro delegado da compañía R, Arturo Dopico, ofreceron unha rolda de prensa para explicar o acordo entre ambas as partes en virtude do cal xa se está estendendo nova infraestrutura de fibra óptica no municipio. Este proxecto, aseguraron, permitirá aos veciños recibir os servizos do operador desde este verán.

«Narón non se pode permitir carecer de prazas escolares de infantil»
ENTREVISTA en La Voz de Galicia-Ed.Ferrol a Manuela Pérez Sequeiros concelleira naronesa de cultura, ensino e bibliotecas. É unha das veteranas do goberno, onde atendeu durante dezaseis anos os Servizos Sociais. Neste mandato iniciou unha nova andaina con outras áreas.

O Concello de Narón calcula que unhas 38.000 persoas apoiaron as festas deste concello
A organización repartiu sete mil camisetas e panos entre veciños do municipio. Unha vez clausuradas as primeiras festas oficiais de Narón, toca facer balance. As concelleiras de Festas, Mocidade e Cultura, Mar Gómez, Natalia Hermida e Manuela Pérez Sequeiros, respectivamente, anunciaron onte que, segundo os cálculos do Concello, unhas 38.000 persoas apoiaron coa súa presenza as actividades festivas.

Os edís de Terra Galega na comarca de Ferrolterra loitarán polas autonómicas a pesar das diferenzas internas
Os edís de Terra Galega na comarca de Trasancos defenderán as siglas ata o último momento para evitar que a crise iniciada por diferenzas internas entre dous sectores do partido poidan pór en perigo a súa candidatura como «cuarta vía política» ás eleccións autonómicas do próximo ano. «Entendemos que é a única opción», explicou o secretario xeral de Tega e alcalde de Narón, Xoán Gato, tras denunciar «unha operación para meternos un torpedo» e evitar a presentación da súa candidatura.

O Concello de Neda recupera a súa zona histórica (5/7/2008) Mariló Souto, a concelleira de urbanismo de Neda, de Terra Galega, explica o proxecto de recuperación do casco histórico desta vila

A formación “Independentes do Concello de Monfero” (ICMON) incorpórase a Terra Galega
Os tres concelleiros independentes de Monfero, Benjamín Rodríguez, Rafael Lence e Amador Souto, anunciaron en rolda de prensa xunto co coordinador comarcal de TEGA-Trasancos, Juan Rico, a súa incorporación á Terra Galega.

Narón recibe 4 millóns de euros de fondos europeos FEDER (19/06/2008)

Narón pon en marcha a campaña Proxecto Salvavidas (19/06/2008)

Narón acolle o I Encontro da Mocidade (7/06/2008)
O encontro, organizado pola concellería de mocidade, dirixida pola concelleira teguista, Natalia Hermida, tivo unha gran repercusión en toda a comarca.

Xoán Gato denuncia o que considera unha especulación urbanística da Xunta no Bertón (6/6/2008)

Concello de Narón e Teima asinan un convenio para a integración laboral (3/6/2008)

Valdoviño, Neda e San Sadurniño compartirán con Narón o punto limpo (30/05/2008)
Os gobernos teguistas da bisbarra de Ferrolterra (Narón, Neda e Valdoviño) apostan pola creación de sinerxias entre os concellos da zona e dan o primerios paso compartindo o punto limpo de recollida de residuos sólidos urbanos.

TEGA-Neda critica a oposición realizada por PSOE e BNG ao longo do primeiro ano da lexislatura
Desde a Agrupación local de Terra Galega en Neda consideramos que estes dous partidos aínda non foron capaces de aceptar o forte golpe electoral recibido nos comicios municipais de hai un ano. Do mesmo xeito, denunciamos diante os veciños deste concello a actitude do PSOE-BNG, que en vez de traballar no Concello , no seo das comisións municipais, calan, critican e logo intentan que as administracións supramunicipais se convertan en instrumentos políticos de confrontación contra o Concello de Neda.

O Concello de Narón adxudica o parque eólico (21/05/2008)

TEGA-A Capela sobre a devolución do monte de CORREGOSOS ós seus léxitimos propietarios/as.
No pasado 9 de Maio do 2008, o Grupo Municipal de TEGA do Concello da Capela, convocou os veciñós propietaios dos Montes de Corregosos , sendo o obxecto desa reunión informar os propietarios da situación actual de devolución dos mesmos así como debatir as mellares propostas e accións a desenvolver para que no prazo máis corto posible os Montes indicados pasen as máns e propiedade dos seus léxitimos donos/as.


O Grupo municipal de Terra Galega da Capela convoca a os propietarios das fincas no Monte Corregosos
O Grupo municipal de TEGA da Capela, convoca a os veciños propietarios de fincas no monte Corregosos, a unha reunión o vindeiro día 9 de maio de 2008,ás 21:00 horas, na Casa da Cultura, para informalos das xestións que TEGA está levando a cabo ante a pasividade do goberno bipartito do Concello na devolución das fincas os seus veciños


A comarca de Ferrolterra, segunda área urbana de todo o Estado cos niveis máis baixos de emprego
TEGA de Trasancos presenta un estudio sobre a situación laboral de Ferrolterra. O Coordinador Comarcal TEGA-Trasancos, Juan Rico, presentou xunto coas concelleiras teguistas de Narón e Neda, Natalia Hermida e María Isabel Fernández o "Estudio sobre a situación laboral da comarca de Ferrolterra" elaborada por Terra Galega. Neste estudio póñense de manifesto as fortes carencias en materia laboral que padece esta bisbarra desde a reconversión que padeceu nos anos 70 e 80. Así, a Terra de Trasancos malia ser a terceira comarca máis poboada de Galicia é só a sétima en número de persoas ocupadas e a oitava en número de empresas establecidas, presentando unha taxa de ocupación 25 puntos inferior ao do resto das areas urbanas galegas.Neste estudio ademais de facer un repaso da situación laboral de Ferrolterra compárase tamén a situación desta respecto das demais areas urbanas galegas e españolas. Así, mentres que na Terra de Trasancos a taxa de ocupación non chega ao 40%, no resto de zonas urbanas de Galicia a taxa de ocupación é do 64,6 %.

As Mocidades de Terra Galega e TEGA-Trasancos piden á Xunta que implante na comarca os estudos de Enxeñería Aeronáutica
Tanto a agrupación comarcal de TEGA en Ferrolterra como as xuventudes de Terra Galega pedimos á consellería de educación e ordenación universitaria da Xunta de Galicia que impulse a creación dos estudos de enxeñería aeronáutica na nosa bisbarra.

«Un gran centro de saúde mellorará a calidade asistencial»
ENTREVISTA a Manuel Ramos Rodríguez, concelleiro de Sanidade e Medio Ambiente de Narón. É médico, polo que coñece ben os problemas de conxestión que sofre a actual rede sanitaria de Narón. Porlle solución é o seu reto primordial este mandato.

Xoán Gato anuncia o inicio inminente das obras de soterramento da liña de alta tensión que cruza o municipio
As seis torretas de alta tensión incluidas neste proxecto estarán soterradas antes do día 15 de Xuño

TEGA da Capela apoia os veciños das Fragas que denuncian unha obra pública nun vial da súa propiedade
O grupo Municipal de TERRA GALEGA do Concello de A Capela manifesta o seu total apoio aos propietarios das fincas da FRAGA DO EUME, que se ven afectados polas obras que a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, co consentimento pleno do Grupo de Goberno (PSOE-BNG), está a facer nun camiño veciñal de acceso ás Fragas.

O grupo Municipal de TERRA GALEGA do Concello de A Capela manifesta o seu apoio aos propietarios das fincas da FRAGA DO EUME
O grupo Municipal de TERRA GALEGA do Concello de A Capela manifesta o seu total apoio aos propietarios das fincas da FRAGA DO EUME, que se ven afectados polas obras que a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, co consentimento pleno do Grupo de Goberno (PSOE-BNG), está a facer nun camiño veciñal de acceso ás Fragas.

Neda defenderá diante da Xunta o crecemento proposto polo seu borrador de plan de urbanismo
Para dar a coñecer aos veciños cada un dos aspectos contidos nese proxecto de plan e debater posibles solucións, o goberno municipal convocou unha charla para o próximo sábado, ás 12.00 horas na Casa da Cultura no que se comunicará aos asistentes o resultado da reunión celebrada o 29 de febreiro co equipo redactor do plan de urbanismo.O grupo municipal de Terra Galega (TEGA) en Neda, que goberna neste concello en coalición co PP, pronunciouse por escrito sobre o recente varapalo sufrido polo Concello co informe desfavorable do seu plan de urbanismo, un texto elaborado no ano 1999 e presentado diante da Dirección Xeral de Urbanismo para o seu informe previo en novembro do 2006.

"Uma vez lograda a aprovação dum plano urbanístico, tentaremos atrair o maior número de pessoas para viver e desfrutar de todas as condições de Neda"
Entrevista a Ignacio Cabezón, alcalde teguista de Neda, no histórico xornal portugués "O Primeiro de Janeiro".

"As persoas e as súas necesidades son o primeiro"
Entrevista de José Ignacio Cabezón publicada en Ferrolhoy

Nós non cambiamos
Comunicado das Mocidades de Terra Galega en favor da manifestación no Vicedo, o día 17 de febreiro, a prol da construción da Autovía do Cantábrico pola costa de A Mariña, Ortegal e Ferrolterra .

Numerosos representantes e agrupacións teguistas de Ferrolterra e da provincia de Lugo acudiron á convocatoria de O Vicedo
17/II/2008 MANIFESTACIÓN NO VICEDO A PROL DA TRANSCANTÁBRICA. Pola Terra de Trasancos encabezaron a representación de Terra Galega os alcaldes de Narón, Neda e Valdoviño [Xoán Gato, Ignacio Cabezón e Isabel Álvarez] ademais do Coordinador Comarcal, Juan Rico. No tocante a provincia lucense, a representación teguista estivo liderada polo seu Coordinador Provincial, Anxo Rodríguez.

O alcalde de Narón e Coordinador Xeral de TEGA, Xoán Gato, protagonizou a manifestación tras dirixirse aos asistentes cun discurso espontáneo.
17/II/2008 MANIFESTACIÓN NO VICEDO A PROL DA TRANSCANTÁBRICA. Malia non estar previsto pola organización, trala lectura do manifesto por unha veciña da localidade, o alcalde naronés, Xoán Gato, pediu de forma espontánea a palabra para poder dirixirse aos manifestantes, os cales lle interromperon varias veces cos seus aplausos.

Máis dun milleiro de persoas acoden a manifestación en O Vicedo a prol da construción dunha autovía pola costa cantábrica galega
17/II/2008 MANIFESTACIÓN NO VICEDO A PROL DA TRANSCANTÁBRICA. Centos de manifestantes chegados desde todo o norte de Galicia se manifestaron fronte a casa do concello de O Vicedo para reivindicar unha vía de alta capacidade para as comarcas de Ferrol, A Mariña e Ortegal.

O Concello de Neda modifica o seu esquema de concellarías e une as áreas de Medio Ambiente e Sanidade
O edil de Sanidade, Servizos Sociais, Traballo e Terceira Idade, José Manuel Gradaílle, asumirá as competencias de Medio Ambiente e o concelleiro Juan José Castro as de Obras e Servizos

Fene e Neda acordan proxectos conxuntos de colaboración (1/2/2008)
O alcalde teguista de Neda, Ignacio Cabezón reuniuse co rexedor socialista de Fene, Ivan Puentes, co obxectivo de chegar a acordos conxuntos entre estes dous concellos veciños

TEGA-Narón únese á denominada “marcha lúdico/reivindicativa” pola estrada de San Xiao
Logo de recibir a invitación da AVV Ceibe de San Xiao, TERRA GALEGA únese á denominada “marcha lúdico/reivindicativa” pola estrada de San Xiao, programada por esta asociación nestas datas de precampaña electoral. Aínda que o nome que lle puxeron é un tanto curioso, TERRA GALEGA vai acudir para apoiar ás veciñas e veciños nas súas reivindicacións fronte á Deputación Provincial para a mellora da estrada CP-5401.

O goberno teguista de Neda anuncia medidas contra o vandalismo e prevé dar máis vixilancia aos centros escolares
O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón, presidiu o pasado xoves 24 unha nova sesión do Consello Escolar Municipal no que se comprometeu a dotar de maior vixilancia policial aos centros escolares, e en especial ao instituto de Secundaria Fernando Esquío.

A cuarta fase do polígono de Río do Pozo, en Narón, xerará 650 empregos (21/1/2008)

TEGA de Trasancos celebrou en Neda a súa primeira conferencia municipalista de carácter comarcal
Iª CONFERENCIA MUNICIPALISTA DE TEGA NA TERRA DE TRASANCOS. Na xuntanza, á que asistiron máis de sesenta concelleiros e representantes teguistas, tomouse a decisión de crear tres comisións sectoriais a nivel comarcal: urbanismo, economía e servizos á comunidade.

Xoán Gato, animou aos representantes teguistas a loitar polo desenvolvemento dos seus concellos con imaxinación e traballo
Iª CONFERENCIA MUNICIPALISTA DE TEGA NA TERRA DE TRASANCOS. Gato afirmou que todo concello debe aproveitar as súas singularidades e potenciais para xerar calidade de vida e fixar poboación. A submisión e a postura entreguista por parte da maoiría dos concellos galegos ante os poderes central e autonómico é, segundo Gato, reflexo da política de subvencións arbitraria que a nosa terra padece desde longo.O alcalde naronés comezou a súa longa intervención denunciando a submisión e posta ao servizo dos grandes partidos por parte da maioría dos concellos galegos. Submisión que se ve reflectida nun forte complexo de inferioridade que logo se materializa coas xestións de carácter entreguista que estes levan a cabo.

Juan Rico, aposta pola creación de sinerxias na bisbarra
Iª CONFERENCIA MUNICIPALISTA DE TEGA NA TERRA DE TRASANCOS. Rico lembrou aos asistentes que Ferrolterra é a terceira área máis poboada de Galicia e que desde Terra Galega tense que loitar para que desde a Xunta e desde o goberno central sexa tratada como tal. "Nós, a diferenza das outras forzas políticas, non nos resignamos nin nos conformamos con ter que seguir sendo a periferia da periferia", sentenciou.

A Mancomunidade de Municipios de Ferrolterra reúnese por vez primeira desde as eleccións locais de maio
Os tres rexedores de Terra Galega na bisbarra, Xoán Gato, Isabel Álvarez e Ignacio Cabezón, alcaldes de Narón, Neda e Valdoviño respectivamente, estiveron presentes na xuntanza, na que se decidiu que o municipio de Narón ostente a vicepresidencia da Mancomunidade.Fixo falta un semestre para ver a imaxe dos seis alcaldes e unha alcaldesa da Mancomunidade de Municipios sentados nunha mesma mesa.

Os alcaldes de TEGA da Terra de Trasancos solicitan ao alcalde de Ferrol que convoque a Mancomunidade de Municipios da comarca
Os alcaldes de Narón, Valdoviño e Neda, Xoán Gato, Isabel Álvarez e Ignacio Cabezón, respectivamente, presentaron un escrito no Rexistro do Concello de Ferrol no que piden ao alcalde do municipio, o socialista Vicente Irisarri, que convoque o pleno da Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol.No documento, rubricado polos tres alcaldes de Terra Galega, especifícase que en caso de que non se fixe a reunión para este mes "sirva a presente -referíndose á comunicación- de solicitude de convocatoria de sesión extraordinaria do pleno da Mancomunidade por parte dous tres concellos asinantes".

«Aquí vimos a traballar todo o día, non como os de antes»
O goberno municipal de Neda contestou á oposición tras acusar ao Concello de fixar «salarios encubertos» coa subida das percepcións por asistencia a comisións. Desde o bipartito (Terra Galega e PP) matizouse que os edís da oposición estaban cobrando máis ata a data que os propios concelleiros do goberno.

«Queremos converter a Neda nun referente en calidade de vida»
Entrevista a Ignacio Cabezón en Entrenós, boletín de TEGA. A candidatura de Terra Galega en Neda, encabezada por Ignacio Cabezón, foi unha das grandes sorpresas na comarca de Ferrolterra na noite electoral do 27 de maio, quedando a tan só un concelleiro de lograr a maioría absoluta.

Terra Galega de Valdoviño elixe como Coordinador do Comité Local a Xosé Carlos Freire
O mércores pola tarde quedou constituido o Comité Local de TEGA de Valdoviño sendo nomeado como coordinador Xosé Carlos Freire.

Encontramonos un caos, sabían o que tiñan pero non o que debían Isabel Álvarez (Manzaneda, 1956) vive dacabalo entre o hospital Arquitecto Marcide, onde traballa como médico na Unidade de Coidados Intensivos, e a casa consistorial de Valdoviño. A alcaldesa é a única representación feminina dun tripartito que se formou in extremis, pero que, segundo asegura a líder de Terra Galega, «funciona como un único partido».

Cen días na vida dun novo Alcalde, no Diario de Ferrol
Non hai moitos días, o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón, que xunto á alcaldesa de Valdoviño, Isabel Álvarez ,e ao de Narón, Xoán Gato, son as tres que representan a TEGA na vida municipal da comarca, utilizaba as páxinas de Diario de Ferrol para agradecer o apoio da veciñanza á Festa do Pan. Agora, alude aos seus primeiros cen días de goberno para sinalar que "síntome profundamente orgulloso por haber sido respectado e porque día a día seguen expresándome a súa confianza".

«A nosa prioridade é atender ás persoas e logo facer investimentos»
Entrevista a Ignacio Cabezón en La Voz de Galicia tras os seus primeiros cen días de goberno
«Sempre me gustou a política, pero nunca para figurar como número un». A pesar das súas palabras, Cabezón Lorenzo deixouse levar pola tentación de cumprir os seus ideais centristas para facer de Neda «un sitio para vivir», como reza o seu slogan de campaña con Terra Galega. Pero o que está claro é que o feito de ser o médico do pobo desde hai unha década abriulle as portas da alcaldía, que parece agora unha extensión do centro de saúde no que continúa traballando.

Constituído o comite local de TEGA na Capela
O coordinador comarcal de Terra de Trasancos Juan Rico Rodríguez continua mantendo reunións por toda a comarca para formar os comiteis locais de TEGA.

Xuntanza do alcalde de Neda coa conselleira de Política Territorial
A Conselleira de Política Territorial, María José Caride, e o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón, asinaron onte un convenio que permitirá executar as obras de pavimentación e urbanización do último tramo da rúa Real. A Xunta destina aos traballos unha partida de algo máis de 480.000 euros.

O Concello negocia crear máis aparcamentos en Valdoviño
O Concello de Valdoviño propuxose crear máis prazas de aparcamento no núcleo urbano do municipio. Así, nunha reunión que o alcalde accidental, Antonio Montero, e o concelleiro de Urbanismo, Gonzalo Doce, mantiveron onte cos promotores dunha iniciativa inmobiliaria na Porta do Sol, o equipo de goberno negociou a creación dun centenar de espazos de estacionamento.

COMUNICADO DE TEGA DE NARÓN ANTE A SENTENZA XUDICIAL DAS OBRAS DO SANEAMENTO DO RURAL (25/09/2007)
Hai uns días coñecimos a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se desestimaban as alegacións presentadas contra a modificación das ordenanzas fiscais do Concello de Narón, reguladoras da taxa da rede de sumidoiros e da taxa por subministro de auga potable.

"Estamos estruturando unha base sólida,para afrontar as autonómicas con máis forza"
Declaracións de Juan Rico Rodríguez Coordinador Comarcal de Terra de Trasancos ao Diario de Ferrol(2-09-07).

TEGA-Neda abre unha oficina de atención á cidadanía e información xeral
Terra Galega (TEGA) pon en marcha a súa primeira oficina de atención á cidadanía e información xeral, que está emprazada no concello de Neda. En concreto, este despacho atópase na sede que a propia formación política ten aberta neste municipio, no lugar de O Coto, número 26.

COMUNICADO DE TERRA DE TRASANCOS ANTE O DEFICENTE SERVIZO ELÉCTRICO QUE VEN PADECENDO DENDE LONGO A NOSA TERRA (07/08/2007)
Estes días pasados a cidade de Barcelona quedou sumida nun caos por mor da interrupción do subministro eléctrico. Esta situación puxo de manifesto a necesidade de mellorar a capacidade das infraestruturas, que nesta sociedade da tecnoloxía dixital produciron numerosas perdas económicas e levaron a esixir dimisións a altos niveis.

Xoán Gato, Coordinador Xeral de TEGA e Alcalde de Narón, no Día Nacional de Galicia
A intervención de Xoán Gato, en calidade de Secretario Xeral de TEGA, no acto de celebración do 25 de xullo, foi a máis longa e completa do acto. Principiou facendo un chamamento á conciencia do pobo galego, xa que Galicia ten dereito, de xeito inmediato, a un novo Estatuto Autonómico, no que se vexa reflectido o máximo teito competencial e presupostario que lle corresponde, en pé de igualdade coas Nacionalidades Históricas do Estado, Euskadi e Cataluña, que o estado recoñece coma tales.

Ignacio Cabezón, anfitrión no acto de Terra Galega para a celebración do 25 de xullo
O recén elixido alcalde de Neda por Terra Galega deulle a benvida a todos os asistentes o acto de conmemoración do Día Nacional de Galicia. Ignacio Cabezón xunto cos seus compañeiros de Corporación e o Coordinador Comarcal de TEGA, Juan Rico, exerceron de anfitrións para todos os simpatizantes e afiliados que se achegaron ao Monte Ancos para conmemorar dita celebración.

Terra Galega celebra no Monte Ancos, en Neda, o Día da Patria Galega
Unhas cens persoas, entre afiliados e simpatizantes, déronse cita o mediodía do 25 de xullo, para conmemorar o Día Nacional de Galicia. Nun ambiente festivo e cordial, e baixo un día soleado e agradable Terra Galega celebrou o seu primeiro Día da Patria Galega.

As beiras do río Xuvia van ser recuperadas en Narón (3/7/2007)

1ª Asamblea Comarcal de TEGA de Terra de Trasancos
O 27 de xuño levouse a cabo a 1ª Asamblea Comarcal de TEGA de Terra de Trasancos quedando esta constituida por 27 integrantes; a súa vez dita Asamblea nomeou a Executiva Permanente de TEGA na bisbarra formada por sete persoas.

«Temos que ''coser'' os barrios para facer unha gran cidade»
18/06/07 ENTREVISTA a XOÁN GATO, alcalde de Narón e coordinador xeral de TEGA en La Voz de Galicia – Ferrol.

«Non quero que se rache o noso proxecto ao pouco de rematalo»
23/05/07 ENTREVISTA a XOÁN GATO, alcalde de Narón e coordinador xeral de TEGA en La Voz de Galicia – Ferrol. O rexedor mantén que a elaboración dun plan similar ao de Urbanismo pero con aplicacións sociais será «o eixo de partida da calidade de vida dos veciños». É un dos líderes políticos máis emblemáticos da comarca. Mesmo de Galicia. Con 61 anos, Xoán Gato leva un terzo da súa vida dedicado a Narón como alcalde.

«O noso proxecto de cidade estará culminado no 2012»
15/05/07 ENTREVISTA a Guillermo Sánchez Fojo, número 4 de TEGA nas eleccións municipais en Narón e Coordinador Local de TEGA neste concello en La Voz de Galicia – Ferrol.

Xoán Gato fai campaña en Narón (14/05/2007)

«O noso modelo é exportable ao conxunto da comunidade»
04/05/07 ENTREVISTA a Xoán Gato, alcalde de Narón e coordinador xeral de TEGA en La Voz de Galicia – Ferrol

Presentación de TEGA en Narón (20/04/2007)

A PRAZA DE ESPAÑA-AGRUPACIÓN FERROL A entrada dunha cidade debería ser un reflexo do que se vai a atopar o visitante. Polo tanto debería reunir uns requisitos fundamentais tales como unha zona verde atractiva, un deseño que á vista sexa un recreo de estética e beleza e atractivo tanto para os de fora como para os propio cidadáns.

Presentación de TEGA en Valdoviño (30/03/2007)

O SECTOR MADEIREIRO-AGRUPACIÓN FERROL
A falta de rendibilidade das terras productivas en xeral e do monte en particular, por diferentes causas marcan o abandono do mundo rural e da súa explotación. Así pois, isa rendibilidade económica do monte, a día de hoxe, quedou bastante limitada arredor da venda de árbores madeirables.

A INDUSTRIA EN FERROLTERRA-AGRUPACION FERROL
As mulleres e homes de Terra Galega nin estivemos nin estamos de acordo coas decisións tomadas polos distintos gobernos centrais, no seu día, de facer recaer o maior peso da Reconversión Naval en Ferrolterra, en beneficio dos estaleiros andaluces.