TEGA-Ourense

O goberno teguista de Os Blancos aposta pola transparencia ante débeda herdada do anterior goberno popular
Unha auditoría externa determinará as causas do endebedamento do Concello dos Blancos. O alcalde dos Blancos, que goberna en minoría con Terra Galega (catro concelleiros), Juan Antonio Lama, sorprendeu aos edís da oposición nun pleno no que deu conta que a débeda municipal do Concello desde a década dos anos 90 ascende a dous millóns e medio de euros. Por este motivo, expuxo o desenvolvemento unha auditoría pública, unha iniciativa que prosperou cos votos a favor do PSOE e do BNG (cada grupo ten un concelleiro) e a abstención de PP (dous edís) e ADEI (un edil).
O alcalde dos Blancos, descarta pactos porque afirma que desde hai un tempo a relación coa oposición é positiva.
O alcalde dos Blancos, o teguista Juan Antonio Lama, que goberna con catro concelleiros afirma que aparcou a rolda de conversas para acadar un pacto que lle garanta a maioría absoluta, grazas a sintonía que, desde hai uns meses, existe entre TEGA-Os Blancos e parte dos grupos da oposición.
Diferentes cargos de Terra Galega reúnense en Ourense con militantes desta provincia
Nesta xuntanza celebrada o 15 de febreiro estiveron presentes entre outros, o Coordinador Xeral e alcalde de Narón, Xoán Gato, o Coordinador Comarcal de Ferrolterra, Juan Rico, o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón,o alcalde de Os Blancos, Juan Antonio Lama, o concelleiro teguista en Melón, Emilio Díaz Vidal e membros ourensáns da Dirección Nacional de Terra Galega como Fernando Alonso ou Xosé Luís Valcárcel.
Os novos estados, por Fernando Alonso de TEGA-Ourense
Os estados actuais teñen unha orixe que pouco tén que ver co a vontade democrática dos seus habitantes. En moitos casos son restos de anteriores imperios que se fixerón a base de conquistas bélicas.
Presentación de Terra Galega en Ribadavia (8/2/2007)
O promotor de Terra Galega en Ribadavia, Camilo Rodríguez fixo unha proposta de estímulo e innovación para a vila de Ribadavia.