TEGA-Lugo

TEGA-Láncara pide ao PSOE que arranxe as súas diferenzas para non entorpecer no goberno
O grupo municipal de Terra Galega de Láncara emitiu un comunicado no que pretenden transmitir aos seus votantes e aos veciños que as discrepancias que xurdiron no último pleno ordinario non teñen nada que ver cos dous edís desta formación, o tenente de alcalde Ricardo Núñez e o concelleiro de Obras e Medio Rural, Carlos Fernández

Terra Galega de Samos apoia a decisión de rexeitar a supresión do centro da ESO neste concello
O comité local de Terra Galega de Samos mostrou o seu apoio ao APA e alumnos do colexio público e expresar o seu rexeitamento total á decisión adoptada por Educación de suprimir o primeiro ciclo diso na localidade.

Terra Galega de Guitiriz reclama a escola dos Vilares para a asociación veciñal
O portavoz de Terra Galega na corporación municipal de Guitiriz, Jesús Veres Vázquez, considera que a antiga escola da parroquia dos Vilares debe ser utilizada pola asociación de veciños local para desenvolver nela as súas actividades.

«Na corporación da Fonsagrada hai xente disposta a asumir a alcaldía sen cobrar»
ENTREVISTA en LA VOZ DE GALICIA-LUGO ao edil de Terra Galega na Fonsagrada cre que o Concello ten asuntos bastante máis importantes que resolver que a dedicación exclusiva do alcalde socialista.

«Estamos creando Comités Locais onde tivemos candidatura»
26/7/2007 ENTREVISTA a ANXO RODRÍGUEZ Coordinador provincial en Lugo de TEGA en La Voz de Galicia - Lugo. Terra Galega naceu como alternativa ás dúas forzas políticas hexemónicas -PP e PSOE- e un ano despois atópase inmerso nunha etapa de consolidación, segundo explica o coordinador provincial de Lugo, Anxo Rodríguez.

“O único pacto que temos é cos veciños e non os defraudaremos”
25/05/07 ENTREVISTA a LICERIO L. LÓPEZ LÓPEZ, candidato de TEGA á alcaldía de Samos en El Progreso. Funcionario no Concello, esta é a súa primeira incursión política. Non está afiliado a ningún partido. Ten 62 anos e é natural de San Cristovo do Real. Está casado e ten dous fillos. Gústalle a pesca, as cartas, o fútbol e andar en bicicleta.
“Intentaremos xerar postos de traballo suficientes para que os nosos veciños non teñan que marchar”
22/05/07 ENTREVISTA a JOSÉ MANUEL BELLO RODRÍGUEZ, candidato de TEGA á alcaldía de Sarria.
O máis novo dos cinco candidatos sarriáns naceu hai 31 anos na parroquia de Cesar. Está solteiro e traballa como profesor de Secundaria nun centro vigués. É a primeira vez que forma parte dunha candidatura política como cabeza de lista. Preséntase como independente baixo as siglas de Terra Galega. É afeccionado ao deporte e a lectura.
“Intentaremos que as industrias de diferentes sectores se animen a instalarse en Monforte”
20/05/07 ENTREVISTA a JOSÉ QUIROGA FERNÁNDEZ, candidato de TEGA á alcaldía de Monforte de Lemos en El Progreso.É natural da monfortina parroquia de Gullade, onde reside. Está casado e ten dous fillos. Os seus 59 anos traballa de profesor de Educación Secundaria no colexio dos Padres Escolapios de Monforte. As súas principais afeccións son a pesca e a caza. Militou na Asemblea Nacionalista Galega, da que saíu trala súa desaparición. Posteriormente integrouse no proxecto político liderado por Celestino Torres Rodríguez, primeiro con Coalición Galega (CG) e logo con Converxencia e Nacionalistas de Galicia(CNG).
“Pretendemos apoiar aos emprendedores e favorecer o desenvolvemento de empresas”
19/05/07 ENTREVISTA a JACOBO VÁZQUEZ, candidato de TEGA á alcaldía de Lugo en El Progreso. Terra Galega e o seu candidato son a maior novidade deste proceso electoral. A formación anunciou a súa participación cando case se daba por feito que non habería novas formacións en liza. Como aspirante á alcaldía presenta a un avogado novo, gran descoñecido da vida pública local ata agora e do que practicamente só tivo eco público a súa profesión e a súa formación. É licenciado en Dereito e en Políticas especializouse en dereito privado, rama na que profundizou con cursos que realizou na cidade italiana de Pisa.
“Gústame traballar polos cidadáns do municipio e vouno facer”
18/05/07 ENTREVISTA a JESÚS VERES VÁZQUEZ, candidato á alcaldía de Guitiriz por TEGA en El Progreso. Gandeiro xubilado de 72 anos, é veciño de Os Vilares, está casado e ten tres fillos. Afiliado ao PSOE desde o 91 ata hai apenas dous meses, fíxose cargo da concellaría de Agricultura con Polín, pero as súas discrepancias fixéronlle meditar a retirada. En cambio decidiu apostar forte e encabezar unha lista independente, retomando así os seus inicios políticos con Agricultores Independentes, con quen foi edil de 1979 a 1987. A súa paixón política esténdese aos seus fillos xa que un deles, Pastora Veres, lidera a candidatura do BNG no concello coruñés de Aranga.
“O único xeito de recuperar poboación son postos de traballo”
16/05/07 ENTREVISTA a JULIO FERNÁNDEZ LÓPEZ, candidato por TEGA á alcaldía de A Fonsagrada en El Progreso. Empresario con intereses en diferentes sectores, como a hostalería e a construción, participa por primeira vez nunhas eleccións e decidiu facelo como independente ao amparo de Terra Galega. Ten 48 anos, está casado con dous fillos. As súas principais afeccións son os deportes, especialmente o fútbol e a natación e tamén, como boa parte dos habitantes dunha bisbarra de montaña, a caza e a pesca. Engade ademais que tamén lle interesa a música e que, de terse que quedar cun estilo entre todos os posibles, decantaríase polo folk.
“O principal é o plan urbanístico. Sen el non podemos facer nada”
15/05/07 ENTREVISTA a FRANCISCO LÓPEZ SALGUEIRO, candidato de TEGA á alcaldía de O CorgoO candidato de Terra Galega ten 32 anos, está solteiro e é delegado comercial de profesión. Entre as súas afeccións inclúe a lectura, pasalo tempo coa familia, cos amigos e gozar do campo. Presentase como independente, ao igual que o resto dos membros da súa candidatura, e é a súa primeira experiencia en política.
“Comprometémonos a xestionar mellor os gastos e accións do Concello”
14/05/07 ENTREVISTA a ANTÓN CANDO RANCAÑO, candidato por TEGA á alcaldía de Cospeito en El Progreso. Este veciño de Muimenta de 39 anos concorre por vez primeira a uns comicios electorais. Terra Galega tamén debuta presentando unha candidatura en Cospeito nas municipais. A ideoloxía á que se adscriben é “de centro”. Está casado, ten unha filla e traballa como informático. Ademais, entre as súas afeccións está a de escribir.
“Aportaremos frescura para darlle un aire moderno á xestión do Concello”
13/05/07 ENTREVISTA a ROBERTO LORENZO BLANCO candidato por TEGA á alcaldía de Castro de Rei en El Progreso. Natural de Loentia, de 36 anos é solteiro pero con parella. É axente do SCH no municipio e ata hai unhas semanas responsable do mercado gandeiro de Castro, un posto de confianza do grupo de goberno do PP. Foi concelleiro cos populares durante oito anos e asegura que mantén unha “excelente relación” con Arturo Pereiro Vilariño. Ao fronte da concellaría de Mercados, botou a andar varias subastas de reses de raza rubia e frisonas. É afeccionado ao deporte en xeral e ao fútbol sala. É unha persoa moi coñecida no concello.
“O principal factor en contra que ten Becerreá é a desidia nos lugares onde non se ve futuro”
12/05/07 ENTREVISTA a ALBERTO CARRERAS FERNÁNDEZ candidato por TEGA á alcaldía de Becerreá en El Progreso. Ten 42 anos, está casado en segundas nupcias e ten catro fillos de 14,13, 9 e 2 anos. É veterinario e gústalle a lectura. En 1991 formou parte da candidatura do PSOE de Baralla e, en 2003, da do mesmo partido en As Nogais. Na actualidade é tenente alcalde deste concello e preside a Rede Ancares.