TEGA-Bergantiños

TEGA-Coristanco presentará unha moción para que o concello se faga cargo da limpeza e mantemento do enclave natural da Lagoa de Alcaián
Na actualidade, esta paraxe natural que é símbolo paisaxístico do concello de Coristanco, atópase nun estado lamentable de abandono e apreciándose que nos derradeiros anos, non se tomou ningunha medida de limpeza para prever os incendios forestais, xa que a maleza medrou máis que os poucos árbores alí plantados

TEGA-Coristanco pedirá explicacións sobre a construción do circuito de motocrós que o concello está a facer na Braña A pregunta que TeGa de Coristanco presentou no pleno de Setembro do ano pasado, sobre a construción dun circuito de motocrós por parte do concello na parroquia coristanquesa de Erbecedo, foi contestada polo alcalde afirmando que había un proxecto para desenvolver tal actuación na zona.


TEGA-Coristanco solicitará ó concello que remate as obras da capela do cemiterio Dende hai meses, as obras de construcción da capela do cemiterio das Salgueiras, en Coristanco, atópanse paralizadas. O portavoz de Terra Galega, Amancio Lavandeira, desprazouse ata o lugar para comprobar o estado de abandono na que se atopa a capela. Esta situación, na que se deixan as obras a medio rematar, é unha maneira de funcionar moi habitual por parte desta alcaldía.


«Estar en política é unha experiencia impagable, aconséllolla á xente» ENTREVISTA ao ex concelleiro de Terra Galega en Carballo, Juan Francisco Pérez en La Voz de Galicia-Edición Bergantiños. Francisco Pérez foi catro anos concelleiro e estivo a piques de selo no actual mandato (TEGA-Carballo quedose a tres votos do cuarto concelleiro que tería recaído na súa persoa). A faceta empresarial é a que manda na vida deste membro de Terra Galega


TEGA-Coristanco denuncia que neste municipio se inauguraron obras catro anos antes de ser rematadas Segundo o portavoz de Terra Galega en Coristanco, Amancio Lavandeira, a enorme insignia que viu a luz a comezos deste mes, durante a inauguración da Praza de San Paio, acondicionada polo Concello xunto á igrexa da parroquia, recolle que o acto se celebrou en «xullo de 2004», é dicir, catro anos antes. Lonxe de considerar este detalle como un simple erro, Lavandeira sinala que constitúe un exemplo revelador do modo de actuar dos responsables municipais.


TEGA de Coristanco solicita que o concello se comprometa a arranxar os suministros de auga dos distintos núcleos de poboación Unha vez máis por estas datas, o alcalde de Coristanco, xuntouse cos veciños de Rabadeira e Nogueira, prometendolles arranxar o suministro de auga, que ano tras ano, ven sendo deficitario para estas aldeas da parroquia de Seavia.


Andrade asegura que construirá o mercado «sen que custe un euro» se o goberno delega nel O portavoz de TEGA-Carballo, Manuel Andrade, está convencido de que ten a fórmula para resolver os problemas de financiamento do novo mercado municipal de Carballo. «Hai varias opcións -explica-: a creación dunha empresa mixta, a través dun concesionario, ou pode ser construído polo propio Concello e despois resolver o equilibrio económico dese custo a través de concesionarios». En calquera caso, o seu compromiso é «que non lles custe nada aos placeiros, absolutamente nada, que se respecten os seus contratos e que o Concello non teña que pór nin un euro».


TEGA-Coristanco alerta da calidade da auga que abastece o colexio de Canosa-Rus Responsables de TeGa de Coristanco, desprazáronse ata a parroquia de Erbecedo, para comprobar in situ, a situación na que se atopa a traída de auga que abastece ós veciños de A Braña e a escola que se atopa nese lugar.


TEGA de Coristanco presenta un Rogo sobre a ubicación das novas farolas na travesía Responsables de Terra Galega de Coristanco, presentaron esta semana un Rogo no concello, para solicitar a modificación da colocación das novas farolas que están a poñer na travesía de Coristanco.


TEGA-Carballo pide a comparecencia do alcalde e o concelleiro de Obras sobre o carril bici a Razo Terra Galega solicitou a comparecencia do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez, e do concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas Álvarez, para pedirlles explicacións sobre determinados aspectos do carril bici a Razo. O portavoz do grupo da oposición, Manuel Andrade Cristóbal, asegura que o carreiro non cumpre as normativas en canto a seguridade viaria e que a rasante dos bordos e rebáixelos para as entradas a leiras «causarán moitos accidentes».


O concelleiro teguista do Val do Dubra, Manuel Rei, vota en contra dos orzamentos do concello dubrés As contas do concello ascenderán a 2.760.000 euros, un 25% menos que o ano pasado. O edil de Terra Galega criticou as elevadas partidas destinadas a gasto e criticou a falta de tempo para analizar con tempo as contas.


Terra Galega repartirá en Carballo un boletín no que fai balance do primeiro ano de mandato Terra Galega repartirá o vindeiro domingo en Carballo, coincidindo coa feira quincenal e practicamente co primeiro ano de mandato, un boletín de oito páxinas, a todo cor, no que repasa «ou que leva acontecido na vida pública e política de Carballo e dá nosa comunidade autónoma».


«A corporación anterior creaba ilusión, agora hai máis parafernalia» 20/5/2008 ENTREVISTA en La Voz de Galicia-Bergantiños a Manuel Andrade, Portavoz de TEGA-Carballo


Acordo entre TEGA-Carballo e o goberno bipartito desta vila para presentar unha moción acordada sobre o porto de Razo O voceiro municipal de TEGA-Carballo, Manuel Andrade, explicou que o consenso alcanzado con BNG e PSOE obedece «a que eu son partidario de negociar solucións», e, desde o seu punto de vista, o acordo adoptado achega «seriedade» ao compromiso adquirido


Máis de 150 afiliados de Bergantiños déronse cita nunha cea organizada por TEGA-Carballo.


TEGA-Coristanco presentará dúas mocións no pleno do mes de maio


Terra Galega de Carballo insta ao Concello a retomar o proxecto do porto de RazoUn día despois de que a Consellería de Política Territorial, a través de Portos de Galicia, presentase o Plan Director dás Instalacións Náutico Deportivas de Galicia, o portavoz de Terra Galega de Carballo, Manuel Andrade Cristóbal, instar ao executivo e ao resto da corporación a que retomen o proxecto aprobado no seu día polo pleno para Razo, e que non está previsto neste plan autonómico.


TEGA-Carballo pide a suspensión do proceso de contratación do estudo da xestión deportivaTerra Galega elaborou un amplo informe no que analiza o prego de condicións elaborado para o diagnóstico sobre os servizos deportivos do Concello de Carballo, e no que conclúe coa petición de que se paralice «este procedemento e debátanse unhas condicións adecuadas á importancia deste estudo entre todos os partidos que compoñen a corporación municipal».


Terra Galega reitera a súa proposta para ampliar o centro de saúde carballés


TEGA-Coristanco faise eco das queixas polo estado da depuradora neste concello


Manuel Andrade ofrécese para planificar o Carballo do futuroOs dous grupos que integran a oposición municipal en Carballo non só están afastados do bipartito, senón ata entre si. As iniciativas chegan en solitario, ben desde o PP ou ben desde Terra Galega, pero Manuel Andrade maniféstase máis distante ata dos populares que de nacionalistas e socialistas, cos que, á fin e ao cabo, compartiu o goberno durante o pasado mandato. «Eu creo que o bo é falar de cousas construtivas. A min non me interesa facer política de partido no sentido de estar permanentemente denunciando, coma se fosen titulares, a min gústame xogar ao positivo, e o positivo é planificar».


María V. Lavandeira, voceira de TEGA en Laxe acusa de ocultismo ao alcalde deste municipio


Constituído en Carballo o comité comarcal de Terra Galega Terra Galega, o cuarto partido galego, afronta os próximos catro anos coa intención de estender a súa base social, aglutinar a outros partidos independentes e presentarse ás eleccións autonómicas. Para iso irán creando os comités comarcais, que aglutinan aos locais. Algúns xa están en marcha, e o da Costa da Morte, que agrupa a todos os municipios entre Arteixo e Fisterra, ademais de Carnota, xa está constituído. O líder centrista carballés, Manuel Andrade, será o coordinador xeral. Samuel Blanco , o apoderado comarcal.

Terra Galega propón un bo planeamento en Carballo (16/05/2007)

«Temos o equipo para ser un goberno con decisión»1/05/07 ENTREVISTA a MARÍA PILAR GARCÍA SOUTO, número cinco de TEGA de Carballo en La Voz de Galicia - Bergantiños.


«Nós estamos abertos á alternativa de pacto máis positiva para o Concello»3/04/07 ENTREVISTA a AMANCIO LAVANDEIRA, candidato de TEGA ao concello de Coristanco en La Voz de Galicia - Bergantiños

«A partir do día 27 estamos condenados a negociar»23/05/07 ENTREVISTA a MANUEL ANDRADE CRISTÓBAL, candidato de TEGA a alcaldía de Carballo en La Voz de Galicia – Bergantiños.