TEGA-A Coruña

Aprobados definitivamente os orzamentos municipais de Arteixo O pleno do Concello de Arteixo rexeitou as alegacións presentadas pola Unión Xeral de Traballadores (UXT) contra os orzamentos municipais para este ano, que quedaron aprobados de forma definitiva cos votos a favor do PSOE, Terra Galega e o BNG e a abstención do Partido Popular.

Márquez presenta ante o Consorcio das Mariñas un informe no que se recollen todas as reclamacións sobre o recollida de residuos O pleno do Consorcio de As Mariñas non serviu para dar unha solución inmediata á polémica xerada en torno ao servizo de recollida de lixos no municipio de Arteixo. O primeiro tenente de alcalde de Arteixo, Xosé Márquez, presentou diante dos representantes dos municipios membros do ente supramunicipal un informe elaborado polo departamento de obras no que se recollen todas as reclamacións sobre o recollida de residuos presentadas polos veciños nos últimos meses.
O portavoz de TEGA-Arteixo, Xosé Márquez, celebra «a boa saúde da que goza o bipartito» Ante os falsos rumores lanzados dende o PP e BNG arteixáns, tanto a alcaldesa, a socialista Pilar Souto, como o tenente alcalde de TEGA, Xosé Márquez, aseguraron que eses «rumores e bulos que lanzan os da oposición débese ao seu afán de crispar, crear polémica onde non a hai».
TEGA-Cambre propón a construción dunha nova ponte sobre a ría do Burgo para desconxestionar o tráfico nos barrios do Burgo e O Temple O Coordinador local e o Secretario de Organización de TEGA-Cambre, Manuel López Vázquez e Juan Antonio Candal Alonso, respectivamente, veñen de dirixirse as distintas administracións implicadas (concellos de Cambre, Oleiros e Culleredo, Ministerio de Fomento e Xunta de Galicia), para propoñerlles a realización dunha nova ponte que solucionaría en gran parte os problemas de tráfico da zona

Os veciños de Arteixo denuncian que as obras da estrada lle deixan sen aparcamentos (28/12/2007)

Márquez reitera as súas denuncias de especulación no polígono de Morás O voceiro municipal de Terra Galega de Arteixo critica que se limite a opción de quedarse con parcelas aos empresarios e defende que poida facelo calquera propietario que presente un proxecto.

A concellería de Educación de Arteixo espera que se aprobe o plan xeral para poder construír unha nova gardería en Vilarrodís ou Pastoriza A demanda para a escola infantil municipal de Arteixo superou con creces a oferta de prazas -unhas 70- para o curso 2007-2008 e son xa máis de 100 os nenos que se atopan en lista de espera. O Goberno local espera que a aprobación do plan xeral permita dispoñer de terreos nos que edificar unha nova gardería, que estaría situada no núcleo de Vilarrodís ou no de Pastoriza, segundo explicou a concelleira de Educación, Rosario Figueiras, na radio municipal.

Márquez acusa ao PP de tratar de atrasar o plan xeral Advirte a Pose de que o Goberno "sacarao adiante como sexa". O primeiro tenente de alcalde e líder de Terra Galega, Xosé Márquez, asegura que o PP votou en contra dos orzamentos para atrasar a elaboración do plan xeral.

A Xunta admite que houbo intento de especulación no polígono de Morás, como denunciou TEGA-Arteixo hai meses A Xunta recoñece que houbo intentos de especulación cos terreos afectados pola construción do parque empresarial de Morás, tal como denunciara o Goberno local.
TEGA-Cambre lamenta non ter sido convidada ao debate para as muncipais Terra Galega lamentou nun comunicado o non ter sido invitada a participar na mesa redonda organizada pola Asociación da Prensa, celebrada o luns na Coruña, na que estiveron presentes os candidatos do PSOE, o BNG, o PP e Esquerda Unida.
TEGA-Oleiros propón ofertar pisos de aluguer a mozos e xubilados A agrupación teguista de Oleiros sinala que a súa proposta política é "totalmente social" e menciona entre as súas iniciativas a construción de 150 vivendas de aluguer para menores de 35 anos e doutras 100 para xubilados.