Entrevista a XOSÉ MÁRQUEZ FRAIZ, Primeiro Tenente de alcalde e concelleiro de Obras de Arteixo. "Manteño boa relación cos meus socios, pero pode que lles aleccionen para facer cousas que non me gusten, ou que haxa quen non aprobe a miña forma de traballar" +máis Xosé Márquez Fraiz: "Non descarto un pacto, aínda que as discrepancias soluciónanse falando"
Entrevista a XOSÉ MÁRQUEZ FRAIZ, Primeiro Tenente de alcalde e concelleiro de Obras de Arteixo. "Manteño boa relación cos meus socios, pero pode que lles aleccionen para facer cousas que non me gusten, ou que haxa quen non aprobe a miña forma de traballar" +máis O novo Pazo da Cultura de Narón colocará a Narón na elite do circuíto cultural en Galicia
O alcalde de Narón, Xoán Gato, definiuno como “unha homenaxe á media de 1500 xoves que pasan polas nosas escolas”. O rexedor visitou o novo Pazo da Cultura, que se inaugurará oficialmente o día 13 de decembro, e que poderán ver os veciños ós veciños o día 14, cunha xornada de portas abertas. As oportunidades que se abren con este novo espazo cultural para Narón son infinitas +máis «Fixemos os deberes e Narón demostrou que é posible lograr a diversificación»
Nun debate organizado pola Voz de Galicia en Ferrolterra. o alcalde de Narón, Xoán Gato, expuxo a experiencia do seu municipio como o enclave que soubo captar os novos sectores emerxentes na comarca e que deu resposta a unha das demandas principais do empresariado, como é a dotación de chan industrial. Lamentou que a falta de unidade na comarca lastre en numerosas etapas o seu crecemento. +máis Terra Galega reivindica a creación dun gran Grupo Lácteo liderado pola Xunta, que está a deixar en total abandono ás explotacións gandeiras
Son necesarias medidas urxentes para rescatar ao sector, seriamente ameazado pola actual situación económica e pola súa eterna crise interna agravada pola desidia do Goberno autonómico. O Grupo Lácteo Galego debe concentrar a produción, transformación e distribución do leite e os seus derivados, co fin de garantir un prezo xusto en orixe e evitar a venda de produtos foráneos como produtos locais. +máis Terra Galega, agora tamén presente en Vilagarcía de Arousa
Creada a agrupación local de TEGA en Vilagarcía. O avogado Guillermo Rocha é desde este venres o Coordinador Local de Terra Galega na capital do Salnés. Xunto a Rocha traballarán no municipio Isabel Barros Montero, como vicecoordinadora primeira, e Ángeles Figueiras, que ocupa o posto de vicecoordinadora segunda. O equipo de traballo deste partido complétase con Mar Figueiras Lorenzo na coordinación de Servizos Sociais, e Fernando Figueira, á fronte de Xuventude. +máis Xoán Gato inaugura os almorzos on/off da demarcación de Ferrol do Colexio de Xornalistas de Galicia
Tras o almorzo para colexiados, a rolda de prensa de libre acceso comezará mañá, mércores 19 de novembro, ás 10.30 horas na sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol. Nas vindeiras semanas Terra Galega iniciará un ciclo de charlas coloquio para achegar ós cidadáns de toda a comunidade os seus proxectos e as súas liñas de actuación futuras. Os encontros, que se iniciarán a mediados deste mesmo mes, estarán abertos a máis de 8.000 asistentes en todas as provincias e se celebrarán en centros cívicos, sociais, veciñais ou locais +máis "Narón é unha illa de desenvolvemento dentro de Galicia"
Entrevista ao Coordinador Xeral de Terra Galega e alcalde de Narón, Xoán Gato en El Metropolitano. Con puntualidade inglesa comenzamos a entrevista na alcaldía. Un despacho, o de Xoán Gato, amplio e onde a historia de Narón impregna as súas paredes cunha clara referencia ao muiño de Xuvia, un elemento da industria que Narón tiña antaño e que foi o xermen, sen dúbida, do que é hoxe este concello. Un concello que da man de Gato converteuse, como él dí, nunha “illa de desenvolvemento dentro de toda Galicia”. +máis Xuntanza de TEGA-Narón cos veciños de Piñeiros afectados polo Plan de Vivenda da Xunta
O luns ás 8 da tarde tivo lugar no local de Terra Galega de Narón, en Santa Icía, unha xuntanza dos membros do Comité Local e representantes municipais de Terra Galega cos veciños afectados polo plan de Vivenda da Xunta de Galicia na parroquia de Piñeiros. +máis TEGA-Carballo reclama unha reunión urxente dos portavoces para debater o POS
O portavoz de Terra Galega en Carballo, Manuel Andrade Cristóbal, presentou onte unha solicitude dunha reunión «urxente» dos portavoces dos catro grupos da corporación para debater o plan de obras e servizos do 2009. «Paréceme oportuno que o POS se discuta politicamente, porque son case un millón de euros de investimento», argumentou. +máis
Subscrever:
Mensagens (Atom)